Publicador de contidos

Actividades

actividad_vigo.jpg
O pasado mes de agosto un grupo de 29 afiliados e acompañantes da ONCE de Vigo participaron desprazáronse a Tui (Pontevedra) para participar na actividade accesible "Caricias en Barille", integrada no XIII Festival "Música no Claustro" que se celebrada cada verán na catedral e organizada en colaboración coa nosa Organización.
campamentoourenemastercheffinal.jpg
O ‘arte dos fogóns’ chegou este verán aos campamentos inclusivos que organiza a ONCE por diferentes puntos de España, co fin de que os xoves disfruten de forma lúdica desta actividade. Así, en Ourense, 33 xoves de Galicia e Asturias, dus deles con xordocegueira, disfrutaron con esta e outras actividades durante o campamento que se celebrou do 15 ao 21 de xullo no Complexo Turístico-Deportivo "O Corgo" en Muíños (Ourense).
850x450_divinas.jpg
Por primeira vez na súa historia, o Centro Dramático Galego -CDG- ofreceu o venes 6 de xullo, unha representación adaptada para persoas con discapacidade visual, grazas á colaboración da ONCE, cuxos técnicos da Delegación Territorial de Galicia fixeron a audiodescrición da obra. Esta foi unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela da montaxe teatral "Divinas Palabras Revolution", dirixida por Xron. Ademáis da poder seguir a obra con audiodescrición, a colaboración da ONCE permitiu aos asistentes disfrutar dunha importante rebaixa no prezo das entradas. A representación tivo lugar na sede do CDG, o histórico edificio Salón Teatro de Santiago de Compostela e puxo fin á tempada de traballo da Compañía.
presidenciadelactocontourinan.jpg
O Día da ONCE de Galicia, festa de confraternidade que organiza cada ano o Consello Territorial de Galicia, que preside Carlos Fernández Lamigueiro, chegou á súa XXV edición e reuniu o sábado 16 de xuño, no restaurante do hotel Scala , de Pazos-Padrón, a máis de 500 afiliados e traballadores da entidade procedentes de toda Galicia para participar nunha xornada festiva na que se homenaxeou a traballadores recén xubilados e afiliados que veñen de acadar a súa licenciatura nas universidades galegas.
almuinanaactuacionmb.jpg
Con motivo da celebración do XXV Día da ONCE e o 80 aniversario da Organización, o Consello Territorial de Galicia organizou un amplo programa de actuación artísticas, musicais e teatrais para dar a coñecer e facer partícipe á sociedade galega do traballo e o compromiso que no eido cultural desenvolven os nosos afiliados. Houbo un total de dezaseis actuacións que se desenvolveron nas capitais provinciais: A Coruña , Lugo, Ourense e Pontevedra, ademáis de en Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Monforte de Lemos e Carballo.
fotodegrupodelantedelpazo.jpg
“AS CORES E SABORES DO PARAISO EN LOURIZÁN" é como se denominou a visita guiada, especialmente adaptada, de vinte afiliados da ONCE de Pontevedra á finca e xardín do “Cuco de Lourizán”, é di, ás que no seu día foron finca e casa de veraneo de Eugenio Montero Ríos e a súa familia. Capitaneados pola directora da Axencia da ONCE en Pontevedra, Paula Calvete Palmero, e invitados pola dirección do CIFP "Carlos Oroza", os membros da ONCE percorreron a romántica escalinata de pedra do pazo, descubriron o son das fontes máis agochadas da finca, o elegante invernadoiro modernista, e tamén as árbores máis senlleiras e centenarias deste fermoso xardín escenario da política española hai máis dun século.
colaboracion_apam.jpg
Un grupo de afiliados da ONCE de Vigo colaborou o pasado 20 de xuño na Praza do paseo de Alfonso XII da cidade olívica, nunha intervención artística urbana organizada pola Asociación de Familiares de Pacientes con Parálise Cerebral -APAM- . A proposta artística denominouse “Desbarrando na rúa” . O obxectivo era conseguir unha xornada de convivencia coa cidadanía coa finalidade de crear unha obra artística colectiva para embelecer a cidade e derrubar á barreira da discapacidade que separa ás persoas con diversidade funcional do resto dos cidadáns. Tódolos participantes realizaron un mural cerámico colectivo de dez metros de largo. Un gran mural para unha xornada lúdica na que participaron moitos colectivos colectivos cidadáns.
portada_libro_haikusollada.jpg
O grupo Olladas literarias presentou o venres 8 de xuño, no Salón de Actos da Delegación Terrtorial da ONCE en A Coruña o seu caderno de haikus “AUN- MADA- AÍNDA” . O grupo OLLADAS se formou na ONCE hai dous anos como un taller literario dirixido a persoas con discapacidade visual e coordenado polo poeta e dramaturgo Lino Braxe. O caderno recolle as súas creacións da tempada 2017- 2018 : os haikus escritos polos compoñentes do grupo nos pasados nove meses. Os haikus, de orixe xaponés, son poemas breves de tres liñas. Durante a presentación, os membros de Olladas recitaron as súas creacións e tamén leron relatos breves da súa autoría. Nas reunións semanais que o grupo celebra na ONCE aprenden non só composición poética senón que tamén cultivan a narrativa, os aforismos e a dramaturxia.
ignasi-terraza.jpg

Con motivo del 80 aniversario, la ONCE colabora este mes de julio patrocinando la V edición del festival de música “Más que Jazz” de A Coruña que organizan conjuntamente las míticas salas Garufa y Jazz Filloa. La ONCE subvencionará el concierto que el trío del músico y gran pianista afiliado Ignasi Terraza ofrecerá el martes 24 de julio en la sala Garufa. Este concierto de Ignasi Terraza Trio será un homenaje a la figura de Tete Montoliu, otro músico ciego afiliado y tristemente ya desparecido que se convirtió en uno de los principales exponentes del jazz internacional. El festival "+ que Jazz" ofrecerá en A Coruña catorce noches de conciertos, entre el 4 y el 27 de julio, en una convocatoria inédita que une las actuaciones de artistas noveles con otros ya consagrados.

a_pedalina-vigo.jpg
Os día 26 e 27 de maio afiliados da ONCE de Vigo participaron, un ano máis, en "A Pedaliña", un evento xa tradicional na cidade de Vigo, que organiza o Club "A Golpe de Pedal" pra fomentar o uso da bicicleta como medio práctico e ecolóxico de transporte e divulgar os beneficios que reporta o seu uso na saúde das persoas. Como noutras ocasións, a ONCE participou o sábado 26 pola tarde montando un stand no recinto do monte O Castro onde se puxeron a disposición do públicos dous tándems para quen quixera disfrutar da experiencia. Xa na xornada do domingo 27 un grupo de afiliados participou na marcha ciclista polas rúas da cidade de Vigo, integrándose perfectamente cos case mil ciclistas que disfrutaron dun percorrido de 17 km pola cidade.

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)