Cupón do Voluntariado
O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, eloxiaron e agradeceron o labor das persoas que practican o voluntariado e dedican unha parte de seu tempo aos demáis. Fixérono ámbos dous na presentación do cupón do mércores día 5 de decembro que estará dedicado ao Día Internacional do Voluntariado. Ao acto, celebrado no Edificio ONCE de A Coruña, tamén asistiron o presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, fixo fincapé no liderado de Galicia en materia de participación social durante a presentación do cupón da ONCE , lembrando que Galicia tamén acolleu os días 28 e 29 de novembro, en Ourense, o XX Congreso Estatal de Voluntariado, un evento que fixo de Galicia o epicentro da solidariedade e do altruísmo, a capital do voluntariado. Fabiola García apuntou que esta iniciativa da ONCE de levar a imaxe do voluntariado por toda España en 5,5 millóns de cupóns lle dará a difusión que merece e multiplicará o seu valor. Ademais, resaltou que a solidariedade “é un dos elementos que mellor define aos galegos e galegas”, así como que o voluntariado “é unha das mellores ferramentas para construír unha sociedade mellor”. A conselleira saudou esta iniciativa, posto que para que sexan cada vez máis as persoas que se suban ao tren do voluntariado cómpre que as súas accións teñan a maior difusión posible. A conselleira sinalou que a ONCE é "sinónimo de compromiso e de solidariedade”.
Na actualidade, Galicia conta con 970 entidades de acción voluntaria nas que participan preto de 42.000 persoas. A nosa é a única comunidade que recoñece de maneira oficial a experiencia en voluntariado a través dun certificado homologado pola Unión Europea que cada vez é tido máis en conta polas empresas nos procesos de selección de persoal.
124 voluntarios en ONCE-Galicia
O cupón adicado ao Día Internacional do Voluntariado inclue a frase ‘Hazte voluntario, cambia el mundo’. Na súa intervención, Manuel Martínez suliñou o compromiso da Organización co Voluntariado e agradeció o labor das 124 persoas que exercen o voluntariado na ONCE en Galicia. Salientou tamén que a ONCE ten varios programas de traballo para voluntarios, para reforzar a consecución da autonomía persoal e inclusión social das persoas con cegueira ou discapacidad visual severa afiliadas á Organización. Para o desenvolvemento de súa actividade como voluntarios , a ONCE forma a estas persoas sobre pautas de comportamento cas persoas cegas, aproximación á cegueira, técnicas de guía; labor da ONCE e acción dos seus servizos sociais e contidos sobre os diferentes programas de voluntariado e o seus requerimentos.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31