Sendeirismo en Becerreá

Un numeroso grupo de afiliados procedentes de diversos puntos de Galicia participaron nunha xornada sabatina de sendeirismo coa Asociación "Castañeira e Nogueira" de Becerreá (Lugo) durante a cal percorreron o sendeiro de Quintá-Río Donsal, celebrando logo un xantar de confraternidade seguido dun magosto.
Os sendeiristas da ONCE trasladáronse ata Becerreá a bordo de dous autobuses procedentes de Vigo de A Coruña e foron recibidos polo alcalde de Becerreá, Manuel Martínez e por Ricardo Ares, membro da directiva da asociación que fixo de guía durante todo o percorrido.
O tramo realizado foi o comprendido entre a aldea de Sevane e Quintá de Cancelada, un percorrido sensorial que neste comezo do outono estivo cheo de cores, olores e sons para disfrute de todos os participantes. Naactividade participou a Xefa do departamento de Servizos para Afiliados da ONCE de Galicia, Dolores Venancio, que intercambiou agasallos institucionais co alcalde de Becerreá.
Houbo un xantar, magosto e tamén baile na compaña de gaiteiros e pandereiteiras. Iste é a segunda vez que afiliados da ONCE realizan unha ruta de sendeirismo con esta asociación de Becerreá, que pretende que o sendeiro cuxo impulso e conservación promoven, sexa unha ruta inclusiva, apta para o disfrute de tódalas persoas.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31