Publicador de contidos

Actividades

Actividades

convenio_rag_firma_0.jpg
Ambas as institucións formalizaron un protocolo de colaboración ao abeiro do cal se comprometen a traballar para incrementar a oferta bibliográfica en galego dispoñible tanto en Braille como en versión sonora. O acordo foi asinado na sede da Real Academia Galega polo seu presidente, Víctor F. Freixanes, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan.
cartelftv11.jpg
O Salón de actos da Delegación territorial converteuse no mes de novembro nunha sala teatral alternativa e encheuse de público para dar cabida ao Festival de Teatro Valacar #8211FTV- , unha iniciativa que arrancou agora, logo de trinta anos de traxectoria impecable do grupo teatral desenvolvendo a inclusión a través das artes escénicas e de ter recibido infinidade de recoñecementos, como o Max de Teatro Afeccionado. Esta primeira edición do FTV, celebrouse durante as fins de semana comprendidas entre os días 8 e 24 do mes e a entrada foi de balde para tódalas persoas que amosaron un cupón da ONCE do día á entrada.
chevre_recolle_o_premio-2-0.jpg
Coincidindo coa primeira edición do Festival de Teatro Valacar, concedeuse o "I Premio FTV de Integración nas Artes Escénicas" ao grupo de teatro santiagués Chévere. O seu director, Xesús Ron , e unha das súa actrices, Patricia de Lorenzo, recolleron o galardón que lles foi entregado polo delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan na recén inaugurada Sala Teatral Alternativa e Intermitente do Edificio ONCE de A Coruña. Xesús Ron agradeceu o galardón e fixo fincapé no compromiso do grupo e tódos os seus compoñentes co teatro accesible e inclusivo para tódalas discapacidades.
img_1285.jpg
O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, eloxiaron e agradeceron o labor das persoas que practican o voluntariado e dedican unha parte de seu tempo aos demáis. Fixérono ámbos dous na presentación do cupón do mércores día 5 de decembro que estará dedicado ao Día Internacional do Voluntariado. Ao acto, celebrado no Edificio ONCE de A Coruña, tamén asistiron o presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente.
vountariadochusmartinez.jpg
ONCE-Galicia ha participado en el XX Congreso Estatal del Voluntariado que se celebró en Ourense los días 28 y 29 de noviembre, con una amplia delegación capitaneada por la coordinadora de voluntariado de la Delegación Territorial de Galicia, Chus Martínez Estrada, a la que acompañaron un nutrido número de voluntarios, entre los que se encontraban Teresa Alonso Avendaño, colaboradora de voluntariado ONCE en Vigo y Mario Fernández Formoso, voluntario de ONCE-Santiago de Compostela , que participó en una mesa redonda sobre "Experiencias de personas voluntarias" explicando su colaboración con afiliados en el programa de acceso a la información y dando así visibilidad a la participación de nuestro voluntariado. Otras seis voluntarias se encargaron específicamente de atender el stand allí ubicado para dar información a todos los interesados en sumarse al Voluntariado ONCE y establecer contactos con otras entidades del sector.
o_inspector_muxicas_1.jpg
O grupo de teatro Muxicas de Ourense, apoiado e impulsado pola ONCE, ven de recibir este mes en O Carballiño o Premio do Público na XI Mostra Amador "Terras do Orcellón", coa obra "O Inspector" de Nikolái Gogol, versionada e dirixida por Tito Asorey. Muxicas leva case vinte anos facendo posible que persoas con cegueira ou discapacidade visual severa poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradoxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática.
degustacrestagape-03-32.jpg
La ONCE colaboró con el restaurante Ágape del Liceo de Ourense para preparar la carta del Menú en braille y para dar formación al personal del establecimiento en guía, acompañamiento y atención a usuarios con ceguera o discapacidad visual durante la estancia en el restaurante. El delegado territorial de la ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan y el responsable del Ágape, José Gómez Pérez, pesentaron a los medios de comunicación el trabajo realizado y participaron con el grupo de periodistas en una degustación a ciegas de elaboraciones del restaurante orurensano, durante la cual estuvieron provistos de antifaces.
lufoto_de_grupo.jpg
Un numeroso grupo de afiliados procedentes de diversos puntos de Galicia participaron nunha xornada sabatina de sendeirismo coa Asociación "Castañeira e Nogueira" de Becerreá (Lugo) durante a cal percorreron o sendeiro de Quintá-Río Donsal, celebrando logo un xantar de confraternidade seguido dun magosto.
actividad_vigo.jpg
O pasado mes de agosto un grupo de 29 afiliados e acompañantes da ONCE de Vigo participaron desprazáronse a Tui (Pontevedra) para participar na actividade accesible "Caricias en Barille", integrada no XIII Festival "Música no Claustro" que se celebrada cada verán na catedral e organizada en colaboración coa nosa Organización.
campamentoourenemastercheffinal.jpg
O ‘arte dos fogóns’ chegou este verán aos campamentos inclusivos que organiza a ONCE por diferentes puntos de España, co fin de que os xoves disfruten de forma lúdica desta actividade. Así, en Ourense, 33 xoves de Galicia e Asturias, dus deles con xordocegueira, disfrutaron con esta e outras actividades durante o campamento que se celebrou do 15 ao 21 de xullo no Complexo Turístico-Deportivo "O Corgo" en Muíños (Ourense).

Publicador de contidos

Calendario

Outubro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos