Homenaxes, humor e camaradería no Día da ONCE
O Día da ONCE de Galicia, festa de confraternidade que organiza cada ano o Consello Territorial de Galicia, que preside Carlos Fernández Lamigueiro, chegou á súa XXV edición e reuniu o sábado 16 de xuño, no restaurante do hotel Scala , de Pazos-Padrón, a máis de 500 afiliados e traballadores da entidade procedentes de toda Galicia para participar nunha xornada festiva na que se homenaxeou a traballadores recén xubilados e afiliados que veñen de acadar a súa licenciatura nas universidades galegas.
A xornada comezou ás 14:00 horas cun acto institucional de benvida e salutación, no que participaron o presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro; o director xeral da Fundación ONCE, José Luis Martínez Donoso; o director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, o delegado territorial de ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e o concelleiro de benestar de Padrón.
Houbo un xantar de confraternidade, que rematou coa entrega de placas e diplomas a 13 afiliados e traballadores que acadaron a condición de pensionistas e xubilados no último ano (12 vendedores de cupón e unha ordenanza), así como a dous afiliados que neste curso remataron os seus estudos nas universidades galegas, un en Relacións Laborais e outro en Socioloxía. O gran humorista galego Xosé Antonio Touriñán puxo fin á xuntanza coa súa actuación, na que interactuou con varios asistentes.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30