Teatro inclusivo desde o CDG
Por primeira vez na súa historia, o Centro Dramático Galego -CDG- ofreceu o venes 6 de xullo, unha representación adaptada para persoas con discapacidade visual, grazas á colaboración da ONCE, cuxos técnicos da Delegación Territorial fixeron a audiodescrición da obra. Esta foi unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela da montaxe teatral "Divinas Palabras Revolution", dirixida por Xron. Ademáis da poder seguir a obra con audiodescrición, a colaboración da ONCE permitiu aos asistentes disfrutar dunha importante rebaixa no prezo das entradas. A representación tivo lugar na sede do CDG, o histórico edificio Salón Teatro de Santiago de Compostela e puxo fin á tempada de traballo da Compañía.
Esta versión, a primeira en idioma galego de "Divinas Palabras" é unha actualización de Valle Inclán aínda que respetando o texto e a esencia de Valle. "Divinas Palabras Revolution" achega unha ollada actual e crúa da traxicomedia valleinclaniana, ambientada aquí na "aldea global" fronte a "aldea" do orixinal. Na versión do CDG os personaxes que interpretan Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez participan nun concurso de telerrealidade, un "reality show" durante o que teñen que convivir nunha casa-plató vixiados polas cámaras as 24 horas.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30