Publicador de contidos

Actividades

o_inspector_muxicas_1.jpg
O grupo de teatro Muxicas de Ourense, apoiado e impulsado pola ONCE, ven de recibir este mes en O Carballiño o Premio do Público na XI Mostra Amador "Terras do Orcellón", coa obra "O Inspector" de Nikolái Gogol, versionada e dirixida por Tito Asorey. Muxicas leva case vinte anos facendo posible que persoas con cegueira ou discapacidade visual severa poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradoxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática.
degustacrestagape-03-32.jpg
La ONCE colaboró con el restaurante Ágape del Liceo de Ourense para preparar la carta del Menú en braille y para dar formación al personal del establecimiento en guía, acompañamiento y atención a usuarios con ceguera o discapacidad visual durante la estancia en el restaurante. El delegado territorial de la ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan y el responsable del Ágape, José Gómez Pérez, pesentaron a los medios de comunicación el trabajo realizado y participaron con el grupo de periodistas en una degustación a ciegas de elaboraciones del restaurante orurensano, durante la cual estuvieron provistos de antifaces.
lufoto_de_grupo.jpg
Un numeroso grupo de afiliados procedentes de diversos puntos de Galicia participaron nunha xornada sabatina de sendeirismo coa Asociación "Castañeira e Nogueira" de Becerreá (Lugo) durante a cal percorreron o sendeiro de Quintá-Río Donsal, celebrando logo un xantar de confraternidade seguido dun magosto.
actividad_vigo.jpg
O pasado mes de agosto un grupo de 29 afiliados e acompañantes da ONCE de Vigo participaron desprazáronse a Tui (Pontevedra) para participar na actividade accesible "Caricias en Barille", integrada no XIII Festival "Música no Claustro" que se celebrada cada verán na catedral e organizada en colaboración coa nosa Organización.
campamentoourenemastercheffinal.jpg
O ‘arte dos fogóns’ chegou este verán aos campamentos inclusivos que organiza a ONCE por diferentes puntos de España, co fin de que os xoves disfruten de forma lúdica desta actividade. Así, en Ourense, 33 xoves de Galicia e Asturias, dus deles con xordocegueira, disfrutaron con esta e outras actividades durante o campamento que se celebrou do 15 ao 21 de xullo no Complexo Turístico-Deportivo "O Corgo" en Muíños (Ourense).
850x450_divinas.jpg
Por primeira vez na súa historia, o Centro Dramático Galego -CDG- ofreceu o venes 6 de xullo, unha representación adaptada para persoas con discapacidade visual, grazas á colaboración da ONCE, cuxos técnicos da Delegación Territorial de Galicia fixeron a audiodescrición da obra. Esta foi unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela da montaxe teatral "Divinas Palabras Revolution", dirixida por Xron. Ademáis da poder seguir a obra con audiodescrición, a colaboración da ONCE permitiu aos asistentes disfrutar dunha importante rebaixa no prezo das entradas. A representación tivo lugar na sede do CDG, o histórico edificio Salón Teatro de Santiago de Compostela e puxo fin á tempada de traballo da Compañía.
presidenciadelactocontourinan.jpg
O Día da ONCE de Galicia, festa de confraternidade que organiza cada ano o Consello Territorial de Galicia, que preside Carlos Fernández Lamigueiro, chegou á súa XXV edición e reuniu o sábado 16 de xuño, no restaurante do hotel Scala , de Pazos-Padrón, a máis de 500 afiliados e traballadores da entidade procedentes de toda Galicia para participar nunha xornada festiva na que se homenaxeou a traballadores recén xubilados e afiliados que veñen de acadar a súa licenciatura nas universidades galegas.
almuinanaactuacionmb.jpg
Con motivo da celebración do XXV Día da ONCE e o 80 aniversario da Organización, o Consello Territorial de Galicia organizou un amplo programa de actuación artísticas, musicais e teatrais para dar a coñecer e facer partícipe á sociedade galega do traballo e o compromiso que no eido cultural desenvolven os nosos afiliados. Houbo un total de dezaseis actuacións que se desenvolveron nas capitais provinciais: A Coruña , Lugo, Ourense e Pontevedra, ademáis de en Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Monforte de Lemos e Carballo.
fotodegrupodelantedelpazo.jpg
“AS CORES E SABORES DO PARAISO EN LOURIZÁN" é como se denominou a visita guiada, especialmente adaptada, de vinte afiliados da ONCE de Pontevedra á finca e xardín do “Cuco de Lourizán”, é di, ás que no seu día foron finca e casa de veraneo de Eugenio Montero Ríos e a súa familia. Capitaneados pola directora da Axencia da ONCE en Pontevedra, Paula Calvete Palmero, e invitados pola dirección do CIFP "Carlos Oroza", os membros da ONCE percorreron a romántica escalinata de pedra do pazo, descubriron o son das fontes máis agochadas da finca, o elegante invernadoiro modernista, e tamén as árbores máis senlleiras e centenarias deste fermoso xardín escenario da política española hai máis dun século.
colaboracion_apam.jpg
Un grupo de afiliados da ONCE de Vigo colaborou o pasado 20 de xuño na Praza do paseo de Alfonso XII da cidade olívica, nunha intervención artística urbana organizada pola Asociación de Familiares de Pacientes con Parálise Cerebral -APAM- . A proposta artística denominouse “Desbarrando na rúa” . O obxectivo era conseguir unha xornada de convivencia coa cidadanía coa finalidade de crear unha obra artística colectiva para embelecer a cidade e derrubar á barreira da discapacidade que separa ás persoas con diversidade funcional do resto dos cidadáns. Tódolos participantes realizaron un mural cerámico colectivo de dez metros de largo. Un gran mural para unha xornada lúdica na que participaron moitos colectivos colectivos cidadáns.

Publicador de contidos

Calendario

Outubro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Publicador de contidos