Saúdo de Benvida do Delegado Territorial
Prezadas compañeiras e prezados compañeiros, Compráceme darvos a benvida ao novo Boletín Dixital de ONCE Galicia (BDOG), unha nova ferramenta de comunicación que poñemos á vosa disposición para facer mais visible o labor desenvolvido nos distintos ámbitos do Grupo Social ONCE en Galicia. Este Boletín Dixital que hoxe vos presento non ven a suplir ningún dos soportes comunicacionais dos que xa dispoñemos, senón que ven a complementalos a todos eles, chamando a atención sobre os acontecementos acaecidos no noso entorno mais inmediato: a actividade xenerada nos nosos centros e pola nosa xente, as iniciativas emprendidas en Galicia pola nosa querida Fundación, á marcha do noso grupo empresarial social Ilunion en Galicia, ou mesmo ás novas mais destacadas das entidades sociais do CERMI e do terceiro sector na nosa comunidade; en definitiva,a todo o que teña que ver con este maravilloso proxecto social e colectivo que día a día construimos entre todos e todas.