O CRE de Pontevedra celebra o 75 aniversario
O Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE de Pontevedra comezou o pasado 1 de febreiro os actos actos conmemorativos do 75 aniversario do inicio da atención educativa da ONCE en Galicia en Pontevedra. A primeira actividade foi a celebración dunha "Experiencia a cegas” que congregou a medio centenar de representantes do mundo politico, empresarial, cultural educativo e económico da cidade nas instalacións do CRE para asistir a unha presentación multisensorial do mundo da camelia nos xardíns e, de seguido, participar nun "xantar a cegas", todo coa colaboración do profesorado e alumnado do CIFP Carlos Oroza.