A ONCE en CapacitARTE
O mes de febreiro foi o mes da ONCE na mostra CapacitARTE, unha iniciativa promovida polo CERMI Galicia que arrancou no mes de decembro de 2017 e que acolle as instalacións da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela. Un total de 20 paneis amosaron o día a día da institución, con imaxes do Voluntariado ONCE e tamén doutros perfís implicados na Organización. A inauguración da mostra da ONCE estivo presidida polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, con asistencia do presidente do Consello Territorial da ONCE e vicepresidente do CERMI Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro.