Premio "Cidade de Pontevedra"
O presidente do grupo social ONCE, Miguel Carballeda Piñeiro, recolleu de mans do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, un dos premios "Cidade de Pontevedra" que o Concello otorgou ao CRE da ONCE "polo seu labor educativo e social e o seu compromiso con Pontevedra, axudándonos a construir a cidade que somos: a cidade das persoas", según consta na acta do xurado. O galardón, consistente nun diploma e un Teucro de prata, entregouse a finais do pasado mes de xaneiro nun acto celebrado no Teatro Principal da cidade en presencia de toda a corporación municipal, outros representantes institucionais e os responsables do CRE e da ONCE en Galicia.