Premio "Cidade de Pontevedra"

NÚMERO 12. FEBREIRO 2019

alcaldeycarballedaposancongaladon.jpg

O presidente do grupo social ONCE, Miguel Carballeda  Piñeiro, recolleu de mans do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores,  un dos   premios  "Cidade de Pontevedra" que o Concello  otorgou ao CRE da ONCE "polo seu labor educativo e social e o seu compromiso con Pontevedra, axudándonos a construir a cidade que somos: a cidade das persoas", según consta na acta do xurado. 
 O galardón, consistente nun diploma e un Teucro de prata, entregouse a finais do pasado mes de xaneiro nun acto celebrado no Teatro Principal da cidade en presencia de toda a corporación municipal, outros representantes institucionais  e os responsables do CRE e da ONCE en Galicia.

Na súa intervención, Fernández Lores alabou o "puntal de apoio" da organizaciónde na construcción do actual modelo urbán da cidade. O rexidor  asegurou que si a Once non exstise, "o concepto que teriamos da solidariedade sería distinto; e seguramente peor". "Grazas a esa maquinaria social de construír igualdade e integración, as persoas que ven distinto dispoñen dun forte colchón onde apoiarse", salientou.  POla súa banda, o presidente da ONCE, Miguel Carballeda, amosou a súa emoción polo recoñecemento á ONCE na cidade onde naceu , que definiu como unda  das "cidades máis fermosas do mundo". Carballeda salientou o papel dos profesionais que traballan para a institución, que en Pontevedra ten a sede dun dos cinco centros de recursos educativos que xestiona a ONCE en todo o Estado. "Hai 80 años non daban un duro por nós. Pero conseguimos saír adiante. Agora somos o carto empregador de España, de persoas con o sen discapacidade visua",subrayó.  Durante o seu discurso, o presidente da Once lanzou unha mensaxe de concordia, invitando ás persoas a  "mirarse á cara, a entenderse e a  darse unha oportunidade". 

O acto de entrega de galardóns "Cidade de Pontevedra"  rematou co himno de Galicia interpretado polo grupo de gaitas “ Os Algures”.

 

Fernández Lores fai entrega do premio a Migel Carballeda

 

Na imaxe aparecen os galardoados e os acompañantes coas autoridades no escenario do Teatro Principal

 

 

Publicador de contidos

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos