O CERMI traslada as súas demandas ao conselleiro de Sanidade da Xunta
O presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha, e o vicepresidente da entidade, Carlos Fernández Lamigueiro, reuníronse e pasado mes de xaneiro, en Santiago de Compostel, co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a quen lle trasladaron varias peticións de interese para o mundo da discapacidade galega. Un dos temas tratados foi a solicitude de que o Cermi poida asistir como invitados á comisión interna de traballo creada polas consellerías de Sanidade e Política Social, para poder formular na mesma as súas propostas.