O CERMI traslada as súas demandas ao conselleiro de Sanidade da Xunta

NÚMERO 12. FEBREIRO 2019

conselleria-sanidade-servizo-galego-sergas_ediima20180604_0413_19.jpg

O presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha, e o vicepresidente da entidade, Carlos Fernández Lamigueiro, reuníronse e pasado mes de xaneiro, en Santiago de Compostel, co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña,  a quen lle trasladaron varias peticións de interese para o mundo da discapacidade galega.  Un dos temas tratados foi a solicitude de que o Cermi poida asistir como invitados á comisión interna de traballo creada polas consellerías de Sanidade e Política Social, para poder formular na mesma as súas propostas.

Os representantes do Cermi animaron ao conselleiro Vázquez Almuiña a ver de xeito transversal as políticas dirixidas ao colectivo da discapacidade e a que dentro da Conselleria podan contar cun espazo real. O Cermi entende que a súa presenza na comisión bipartita de ámbalas consellerías non só lle permitiría trasladas as sús propostas no eido sanitario galego, sençon tamén poder revisar e mellorar o catalogo ortoprotésico de Galicia e desenvolver e impulsar unha accesibilidade cognitiva máis efectiva para os  colectivos integrados no Cermi.

 

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos