A ONCE participou na Festa da Arribada
A Festa da Arribada de Baiona, que iste ano celebrou o 525 aniversario da chegada da carabela A Pinta á localidade pontevedresa, fito acontecido o 1 de marzo de 1493, foi a protagonista do cupón do sábado 3 de marzo. Cinco millóns e medio de cupóns difundiron a imaxe do evento que dende o ano 2015 foi declarado Festa de Interese Turístico Internacional.