Máis de 500 alumnos na Semana de Portas Abertas
O Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, de Pontevedra, organizou unha Semana de Portas Abertas, do 12 ao 16 de marzo, durante a que recibíu a visita de máis de 500 alumnos e profesores de centros educativos públicos, privados e concertados. A gran acollida por parte da comunidade educativa obrigou ao centro a realizar turnos de mañá e tarde para poder atender a demanda. Foi visitado por alumnos e profesores de ensino Primario, ESO e Formación Profesional. Con esta Semana de Portas Abertas o CRE continuou as actividades vinculadas ao seu 75 aniversario.