Sentir o Mar en Muros
O sábado 15 de decembro a localidade de Muros foi e a protagonista dunha experiencia realizada coa colaboración da Consellería do Mar e a ONCE, que permitíu a un grupo de afiliados achegarse ao mar cos sentidos. A actividade, que xa se fixo en Marín no mes de xuño, deriva da publicación dun traballo realizado por un equipo de profesionais do ámbito educativo e social e demostra distintas formas de vivir o mar para as persoas invidentes.