A Festa dos 80 anos
A última celebración da nosa patrona, Santa Lucía, foi moi especial ao coincidir co 80 aniversario da ONCE. En Galicia festexamos a dobre conmemoración Santa Lucía-80 Aniversario ONCE de forma entusiasta. Os xantares de confraternidade celebrados nas sete cidades estiveron moi concurridos e cheos de emotividade para quen recibiron o ecoñecemento e homenaxe dos seu compañeiros por ser elixidos Vendedores do Ano ou ter cumprido 25 anos de traballo ou polo seu exemplo no labor de voluntariado. Mais tamén para todos nós, que nesa data tiñamos moi presente que cumpríanse oito décadas daquel 13 de decembro de 1938, cando as persoas cegas rexeitaron unha pensión, uníronse e deron pulo ao cupón, inicio dun modelo social que no ano 1940 agrupaba 2.000 vendedores (un 23 por cento non eran cegos) e a chegada da democracia elevou o número ata case 15.000 ata que hoxe o Grupo Social ONCE emprega a 73.000 persoas, o 58 por cento delas con discapacidade. De seguido, despregamos unha galería fotográfica que tenta amosar una pequena mostra dos encontros celebrados en toda Galicia.