"X Solidaria" 2019
Santiago de Compostela acolleu a presentación da nova campaña da “X Solidaria” que este ano reuniu a máis de 200 persoas que “debuxaron” sobre o chan da Praza da Quintana a forma da casiña onde insertaron unha X xigante, visibilizando así a importancia de marcar a casiña de FINS SOCIAIS na Declaración da Renda.