Visita a Toralla
Un grupo formado por dezanove afiliados da Organización en Vigo, á fronte do cal estaba a subdirectora Lorena Fernández, realizaron unha visita guiada aos restos da Vila Romana de Toralla, xunta á praio de O Vao, en Oia, onde disfrutaron dunha xornada cultural seguindo as explicacións do arqueólogo que guiou o percorrido e resolveu tódalas dúbidas que plantexaron os visitantes.
Desde o ano 2008, logo de dezaseis anos de traballos arqueolóxicos, abria as súas portas ao público para amosar a vinvculación da historia de Vigo coa Roma do século IV. Os primeiros vestixios desta vila romana foron detectados pola familia Mirambell, daquela propietaria da finca, a partires dos anos 20 do século vinte. Foi en 1992 cando o Concello de Vigo recuperou a titularidade da finca e promoveu a realización de importantes excavacións e obras de reconstrucción e consolidación das estruturas. En colaboración coa Universidade de Vigo reconstruíuse e musealizouse a vila romana de Toralla.