Teatro desde outro punto de vista

NÚMERO 10 // DECEMBRO 2018

cartelftv11.jpg

O Salón de actos da Delegación territorial  converteuse no mes de novembro  nunha sala teatral alternativa e encheuse de público para dar cabida ao Festival  de Teatro Valacar #8211FTV- , unha iniciativa  que arrancou agora, logo de trinta anos de traxectoria  impecable do grupo teatral coruñés desenvolvendo a inclusión a través das artes escénicas e de ter recibido infinidade de  recoñecementos, como o Max de Teatro Afeccionado.  Esta primeira edición do FTV celebrouse durante as fins de semana comprendidas entre os días 8 e 24 do mes  e a entrada foi de balde para tódalas persoas que amosaron un cupón da ONCE  do día á entrada. 

O  grupo de actores e actrices con cegueira ou discapacidade visual severa, apoiado e impulsado pola ONCE desde a súa creación, representou a obra  “Frechas do anxo do esquecemento”  e o espectáculo “Enamórate a ciegas”, ambas  dúas dirixidas por Pedro Rubín .  A peza teatral "Frechas do anxo do esquecemento" é unha adaptación  do texto do  dramaturgo e  Premio Nacional de Teatro  Sanchis Sinisterra e  trata  sobre a perda da memoria e da identidade. A posta en escea de Valacar recibíu ovacións e críticas moi favorables do público desde a súa estrea, salientando a actuación de  actores como Felipe Cotelo e Willy Méndez,  en liña coa do resto de actores e actrices que tomaron parte nas dúas pezas teatrais: AnxoMangas, Manuel Carballido,Mayte Sanjuán, MariséVidal, Luz Míguez, Raquel Bergondo,Ana Docampo, Juana Rosalina, Yessica Val, Trinidad Canosa e Antonio Rumbo .

Na imaxe aparecen os actores FElipe Cotelo e Willy Méndez durante a representación da obras "Frechas do anxo do esquecemento"

 

O espectáculo “Enamórate a ciegas” foi o que puxo fin ao FTV coa característica inovadora  de que todo o esencial  foi invisible á vista dos espectadores. Coordenado e dirixido polo actual director de Valacar, Pedro Rubín,  e coa sala completamente a escuras, os asistentes disfrutaron  a través dos sentidos dun torrente emocional co amor e a pasión como protagonistas.  Foi a primeira vez que se fixo  en Galicia un espectáculo coa técnica de "Teatro a Cegas".  A iniciativa conseguíu acadar un notable  éxito de público e crítica, o que  pode levala a se converter nunha nova alternativa cultural e de ocio de calidade para a cidade de A Coruña, presentando un teatro desde “outro punto de vista”. O FTV foi, sen dúbida, un escaparate privilexado do teatro interpretado por  persoas cegas ou con discapacidade visual severa.

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

vountariadochusmartinez.jpg
o_inspector_muxicas_1.jpg
cartelftv11.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos