Muxicas recibe un premio do público

NÚMERO 10 // DECEMBRO 2018

o_inspector_muxicas_1.jpg

O grupo de teatro Muxicas de Ourense,  apoiado e impulsado pola ONCE,  ven de recibir este mes en O Carballiño  o Premio do Público na XI Mostra Amador  "Terras do Orcellón", coa obra  "O Inspector"  de Nikolái Gogol, versionada e dirixida por Tito Asorey.   Muxicas  leva case vinte anos facendo posible que persoas con cegueira ou discapacidade visual severa poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradoxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática.

Tito Asorey dirixe Muxicas desde o ano 2007.  Con Asorey,  recoñecido profesional do teatro, actor e director de escena, que ten no seu haber cinco premios María Casares en diferentes categorías e coñecido por todos nós polas súas interpretacións en series tan exitosas como Serramoura, Fariña, Servir y Proteger,...) levan postos en escena nove espectáculos que puideron ser vistos en escenarios de todo o país, entre eles o célebre Teatro Arriaga de Donosti. Conta como axudante de dirección con Melania Cruz (premio Mestre Mateo á Mellor actriz protagonita 2018, premio Maria Casares á Mellor actriz protagonista 2016 Muxicas tamén comparte cos otros grupos da ONCE o Premio Max 2012 deteatro afeccionado.

O obxectivo de Muxicas é loitar pola inclusión do colectivo de actores con cegueir no eido escénico e  construír colectivamente postas en escena dende o rigor artístico, traballando arreo para ofrecer espectáculos que poidan ser disfrutados por todo tipo de público, independentemente de que conte ou non con discapacidade visual. A obra coa que están percorrendo  Galicia durante 2018 "O Inspector" é unha comedia de ritmo frenético onde dez actrices e actores dan vida nas táboas ao clásico texto de Gógol
, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.

Na imae pódese ver outra escena de O Inspector na que participan varios actores interpretando unha esmorga

O elenco de O Inspector está formado por Teresa Rodríguez, Severino Pérez,  Alejandro Losada, Francisco Gómez, Luis Pequeño,  Iago López, Ricardo Rodríguez,  María del Carmen Fernández, Eva Herbella e Aída Saíz e a trama fala de que  nunha localidade gobernada por políticos corruptos reciben a nova de que acaba de chegar un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio acerca da limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes. Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer. Comezará así unha espiral de submisión cara ese inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.

Tras a estrea na Casa da Cultura de Barbadás en xuño deste ano 2018,  o espectáculo xirou  por diversos teatros e auditorios: Fornelos da Ribeira, Mostra de Teatro  de Salvaterra de Miño, Monforte de Lemos, certame de Teatro SuperArte de Viveiro, O Carballiño,  Ferreira de Pantón, o Barco de Valdeorras  e seguen nesta primeira semana de decembro con representacións na Escola Municipal de Teatro de Ourense.  

             
 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

vountariadochusmartinez.jpg
o_inspector_muxicas_1.jpg
cartelftv11.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos