Senderismo na Ribeira Sacra

NÚMERO 2 - ABRIL 2018

2018-03-24-photo-00000034.jpg

O departamento de Servizos Sociais da  Delegación Territorial organizou outra saída en fin de semana para practicar senderismo. Nesta ocasión foi o sábado 24 de marzo e a ruta escollida   foi a do Canón do Río Mao, en plena Ribeira Sacra ourensá. Na experencia, a segunda que se lev  cabo neste ano,  participou un grupo de 45 afiliados procedentes de distintos lugares de Galicia, que etiveron acompañados por varios monitores de ONCE-Galicia.

Os participantes chegaron á localidade ourensá de Parada do Sil ás 11 da maña a bordo de dous autobuses procedentesun  de A Coruña-Lugo e outro de  Pontevedra-Vigo-Ourense, e saíron para iniciar o percorrido  a pé pola ruta circular  Canón do Río Mao despois de almorzar xuntos.

A maior parte dos senderistas  disfrutou dunha experiencia "única"  a pesar da choiva que case non deixou de caer durante todo o día. A ruta do Cañón do río Mao , na Ribeira Sacra, é un percorrido circular de dezaseis km, sinalizada e homologada,  que está localizada no concello de Parada de Sil. Ademáis de disfrutar da longa caminata ao aire libre, os senderistas de ONCE visitaron diversos puntos de interese, como a capilla e a  necrópole de San Vítor de Barxacova; a ponte romana de Conceliñas; a canle da antiga central hidroeléctrica, etc. E tamén houbo tempo para descansar e para xantar todos xuntos  nunha pausa no camiño.
As actividades de senderismo con participación de afiliados de ONCE comezaron o paaso mes de febreiro cun percorrido na provincia de Pontevedra e terán continuidade nas vindeiras semanas con percorridos nas provincias de Lugo e A Coruña, coa intención de alternar as rutas por toda a xeoografía galega. De seguido, amosamos varias fotografías tomadas durante a ruta.

 

Os senderistas axudáronde de bastóns de treking en todo o percorrido pola ruta

 

Os senderistas atenden ás explicacións dos guías

 

A ruta está salpicada de restos arqueolóxicos e históricos

 

 

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

lamas_abade_general.jpg
2018-03-24-photo-00000034.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos