Cea a cegas no CIFP de Lamas de Abade

NÚMERO 2 - ABRIL 2018

lamas_abade_general.jpg

O CIFP  de Hostelería de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, celebrou o pasado 13 de marzo unha Cea a Cegas, que foi servida a unhas 60 persoas, entre as que se encontraban o conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González; o delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan, e o o director xeral de Inclusión da Xunta, Arturo Parrado Puente.

 

O conselleiro de Educación da Xunta e o delegado territorial da ONCE asistiron ao acto

 

Os alumnos e profesores do centro de Formación Profesional compostelán recibiron, previamente, formación sobre acompañamento e guía de persoas cegas por parte de persoal técnico especializado da Delegación Territorial da ONCE . Así, logo da chegada ao centro,  se lles ofreceron antefaces a todas as persoas videntes e os alumnos as acompañaron ás mesas. Na cea participaron tamén 13 afiliados da ONCE de Santiago e director da axencia, José Antonio Riveiro Canosa.

As personas videntes amosáronse moi sorprendidas durante a experiencia de poñerse na pel dnha persoa cega. Ademáis da desorientación espacial que acompaña á falta de visión, tiveron moita dificultade para recoñecer os alimentos sólo polo olfato e o sabor e, en definitiva,  a complexidad eque rodea a realización dun acto aparentemente tan sinxelo como comer, cando non se ten visión. Pola súa banda, a dirección e alumnos do centro agradecieron ONCE a inclusión desta formación de guía, acompañamento e servicio no seu currículo, dado que lles será de grande utilidade no exercicio profesional.

 

Un grupo de xoves asistentes á Cea no Lamas de Abade

 

Publicador de contidos

Más noticias de Actividades

lamas_abade_general.jpg
2018-03-24-photo-00000034.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos