O equipo vigués de goalball, en Segunda División

NÚMERO 25. Abril 2020

vigoalball_chao_de_lamas.jpg

O equipo de  Goalball  "Vigoalball Chao de Lamas", formado por traballadores da D.A. de Vigo e impulsado por José Luis Castro  conseguíu hai pouco máis dun mes o ascenso a Segunda División, na  súa segunda participación no Campionato Nacional.   Enviámoslle os nosos parabéns ao primer equipo galego de goalball, ou sexa, a José Luis,  Alexandre, Abián, Eduardo,  Pablo e Santiago. 

O equipo vigués, único en Galicia, naceu hai pouco máis de dezaoito meses e na actualidade conta como principal  patrocinnadora á constuctora Chao de Lamas, e entrenan na pista de frontón As Travesas de Vigo grazas a xestións realizadas pola ONCE.  

Competiron en Madrid xunto a outros nove equipos de toda España. Na primera fase gañaron a todos, agás a Cataluña, quedando segundos e depois tocoulles xogar contra o equipo de  Asturias, ao que  venceron con facilidade, algo meritorio pos os vigueses levan pouco máis dun ano e outros, como os de Asturias en novo anos non conseguiron ascender nin  unha vez a Segunda División.

O goalball de competición só admite a persoas con algunha discapacidade visual,  xógase con gafas e un antifaz para os que os xogadores no podan ver nada. O balón pesa kilo e medio e sobre a pista hai marcas a modo de referencia para os deportistas.  Non é un deporte adaptado e calquera persona cega ou con discapacidade pode practicar. É un deporte que depende moito da orientación espacial, do oído e da valentía para ir a polo  balón. Os xogadores protéxnse con  coderas, coquillas,  rodilleras, etc.


 

Publicador de contidos

Más noticias de Protagonistas

cartel_concurso_escolar.jpg
vigoalball_chao_de_lamas.jpg
esgrimaequipoenfranciacontrofeos.jpg

Publicador de contidos

GRUPO SOCIAL ONCE
ILUNION

Menu Display

Ligazóns Útiles

Publicador de contidos