A voz dos maiores
Irene Esperón Rodríguez, psicóloga da área sanitaria hospitalaria de Vigo, deu unha charla no salón de actos de ONCE en Vigo . “Eu temén quero dicir” , denominación do asunto a tratar, abordou a importancia de escoitar a voz dos maiores á hora de planificar a súa vida e o seu tempo de lecer.
A charla anmarcouse nas actividades sobre Avenllentamento activo que desenvolve a asociación Contorna Social en colaboración coa ONCE desde o mes de outubro de 2019 baixo a denominación xenérica “Tecendo Momentos”. A psicóloga foi presentada pola subdirectora da ONCE de Vigo, Lorena Fernández e a actividade fopi ben acollida polo público, que ocupou boa parte dos asentos dispoñibles. Os asistentes participaron nun diálogo aberto á reflexión coa conferenciante. Irene Esperón é unha recoñecida profesional en Vigo en varios ámbitos da psicoloxía e, moi especialmente, na psicoxeriatria, e autora, xunto a outros profesionais de varios trabllos, entre elles “Ética, vulnerabilidade e ancianidade: documento de recomendacións” .