Xornada deportiva cos mellores
A fin de semana do 30 de novembro e 1 de decembro a cidade de Lugo acolleu a celebración da IV Escola deportiva organizada polo Centro de Recursos Educativos -CRE- da ONCE de Pontevedra, e nela participaron unha ducia de escolares xunto a catro profesionais que lles inculcaron valores como o disfrute, o compañerismo, e tamén costumes de vida e de alimentación saudables.
O primeiro día disfrutaron unha xornada de atletismo nun entorno de calidade, como é o módulo cuberto das pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera. Alí sacaron a relucir a súa técnica de carreira e as súas dotes atléticas en lonxitude e lanzamento de peso sen saber nada da visita que ían recibir poco tempo despois. Nada máis que dous grandísimos atletas: Adiaratou Iglesias (subcampeona mundial absoluta en 100 e 200 metros lisos) e Jairo Salgueiro (campeón mundial junior en salto de lonxitude). Ámbolos coas súas palabras conseguiron motivar e empoderar aos doce xoves deportistas e aos catro profesionais a lograr os seus soños e as súas metas.
Cheos xa de forzas e ilusión, o segundo día do encontro deportivo continuou coa práctica da modalidade de goalball no pavillón do CPIFP Politécnico de Lugo. Houbo calentamento e logo aprendizaxe de técnicas, orientación, e paradas e lanzamento de penaltis, rematando a xornada cun partido disputado entre eles.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31