Turismo mariñeiro inclusivo

Un grupo de vinte estudantes , 15 españois e cinco de Italia, que participan estes días no terceiro grupo intensivo de inglés no CRE da ONCE de Pontevedra, pasaron unha xornada na vila de Baoina, participando no evento piloto de presentación dos productos e itinerarios do “PROXECTO ECODESTIN_3IN” de turismo mariñeiro inclusivo. Na xornada estiveron acompañados pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, pois o proxecto, chamado SenSea, está promovido pola consellería .
SenSea nace a partir de “Sentir o Mar”, que foi o resultado do traballo realizado por un equipo de profesionais, liderado por Rocío Gómez-Juncal, dentro do ámbito educativo, social e turístico para demostrar que, máis alá da vista, existen un milleiro de formas de experimentar, vivir e transmitir o mar; para documentar e propiciar que persoas con diferentes discapacidades se acheguen, gozen e sintan o mar tendo a oportunidade de formar parte del a través de experiencias turísticas relacionadas coa cultura mariñeira.
As actividades que desenvolveron, todas elas adaptada á cegueira e discapacidade visual, foron unha visita á confraría de pescadores Anunciada de Baiona, seguida dunha visita á lonxa con explicación do proceso de subasta do peixe e mariscos e visita ao porto pesqueiro para coñecer os diferentes tipos de embarcacións tradicionais. Embarcaron nun barco de baixura a bordo do cal achegáronse ás artes de pesca e permeneron máis dunha hora navegando nas augas oceánicas. Tamén percorreron a ruta percebeira da praia da Concheira e remataron cun petisco na Estación Marítima de Baiona.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30