San Xoán festexouse no cupón
A ONCE dedicou o cupón do mércores 24 de xuño ás festividade de San Xoán, unha noite máxica para moitos lugares do mundo, pero especialmente para Galicia como parte da cultura celta. Iste ano houbo que celebralo con moitas restriccións, ainda que non faltaron fogueiras ou cacharelas, e tampouco sardiñas e cachelos con pan de millo e bo viño.
Como San Xoán é unha noite máxica e cargada de desexos, a ONCE quixo celebrala engadindo aos premios de seu Cupón Diario unha serie de agasallos que alongaron a maxia da noite e a sorte dos afortunados que os conseguiron a través da web www.cuponespecial.es. Os agasallos consistiron en 190 tarxetas de Amazon valoradas en 50 euros cada unha ; e 90 tarxetas Carrefour valoradas en 150 euros cada unha.
A festa de San Xoán celebra a chegada do solsticio de verán e tódolos ritos e tradicións que a acompañan na nosa terra , ligadas á auga , ao fogo e á natureza, teñen ducias e ducias de séculos, e os máis aclamados etnógrafos, historiadores e estudiosos de Galicia e da súa cultura popular e tradicional, teñen editada unha moi completa bibliografía sobre o tema.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31