Ocio e Formación a esgalla

Durante todo o mes de febreiro houbo unha completa programación de actividades de animación sociocultural e formativas organizadas pola Delegación Territorial. Houbo un roteiro de senderismo en realidade virtual, comezou o obradoiro de percusión tradicional , así como o de microrrelatos, e os contos e lerias a cargo de Carlos Ocampo e Xurxo Souto. A formación veu da man da instructora de tiflotecnoloxía de Vigo, Victoria Fernández, que impartiu un obradoiro de apps
O artista José Antonio Garrido, máis coñecido como Kukas, impartíu un obradoiro de sendeirismo virtual pola costa de O Vicedo, na Mariña lucense. Cousas da pandemia, Durante a mañá do día 9, un nutrido grupo de afiliados fixo un percorrido a través das súas pantallas de ordenador ou do móvil pola ruta que parte da explanada do porto pesqueiro de O Vicedo, pasa polo pequenio paseo arredor da praia de Vidreiro para, posteriormente, pasar preto do faro de Castro e chegara Caolín, unha pequena cala cunh area branca fermosísima.
Despois, o sendeiro sigue un camiño pola costa ata chegar á praia de Xilloi, e logo contnúa tamén pola costa ata o punto máis preto á Illa Coelleira. A ruta seguíu alternando costa e montaña ata chegar á escondida praia de Tixoso e,. desde ese punto, continuou o camiño ata chegar ao mirador de San Román desde onde hai unha impresionante vista sobre a saída da Ría de Viveiro e, a continuación, emprendeu a baixada á praia de Area Grande, final da rutra.
Outra actividade que está a ter gran acollida é o obradoiro de Percusión tradicional que se está a celebrar os sábados en horario de mañá desde o 6 de febreiro. Trátase dunha actividade moi creativa, onde os participantes vanse iniciar no manexo dos instrumentos de percusión tradicional galegos que acompañan ao canto, como son a pandeireta, o pandeiro cadrado, a pandeira, as cunchas, acixón e outros.
O obradoiro é impartido por Álex Ínsua Baldomir, que é un investigador das tradicións populares galegas, a través da recollida e recopilación de datos, músicas e bailes antigos, vestiario, instrumentos, etc. dende 1984, ademáis de profesor de baile, canto, pandeireta e percusión tradicional en diferentes escolas e agrupacións dende o ano 1987, entre elas, Cantigas e Agarimos de Santiago, Xacarandaina de A Coruña, e Xiradela de Arteixo.
Tamén os contos e lerias da tradición popular tiveron o seu espazo, a cargo do escritor e terapéuta Carlos Ocampo e tamén do polifacético Xurxo Souto , escritor, locutor de radio e vocalista do grupo "Os Diplomáticos de Monte Alto" de A Coruña, que deixou abraiados a todos canto seguiron os seus "Contos do Mar" , narrando sorprendentes historias do Gran Sol e da Costa da Morte, que recolle no seu laureado libro "Contos do mar de Irlanda".
Como conta o propio Xurxo Souto " Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego".
A literatura tamén está presente desde o 5 de febreiro a través do obradoiro de microrrelatos que imparte a escritora Eli Ríos. Trátase dunha actividade coa que se pretende dotar aos participantes das ferramentas necesarias para que escriban os seus propios textos dende a preperstiva de diferentes escritores para que cada participante poida optar pola estratéxia narrativa que millor lle pareza.
A escritora Eli Ríos, encargada de impartilo, ten a súa residencia en A Coruña. Profesora de língua galega, ten publicada unha ampla obra poética, narrativa e tamén ensaio, toda ela impregnada dunha fonda pegada feminista
Obradoiro de APPS desde Vigo
A instructora tiflotécnica de ONCE-Vigo, Victoria Fernández, impartíu o 1 de febreiro un obradoiro "online" sobre as APPS "Medicamento accesible plus" e "Xestor ONCE de libros dixitais". A aplicación ‘Medicamento Accesible PLUS’, desenvolvida polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, Fundación ONCE e Fundación Vodafone España para dispositivos móviles, permite a consulta sobre información actualizada de medicamentos mediante a captura do código de barras, o nome do fármaco o o seu código nacional.
Aínda que pode ser utilizada por calquera persoa que precise información sobre medicamentos, foi deseñada especialmente para persoas con discapacidade visual, con dificultades de manipulación, ou persoas maiores, para as que accións como ler o prospecto dun medicamento poden supoñer un reto.
Además, ‘Medicamento Accesible Plus’ incorpora dos funciones auxiliares: un localizador de las farmacias más cercanas al usuario y una sección que, bajo el nombre de ‘Mis medicinas’, almacena la información de aquellos medicamentos que el usuario utiliza con mayor frecuencia y a los que quiere tener acceso rápido.
Por outra anda abordou a app "Xestor ONCE libros digitales" (GOLD), un un reproductor de libros DAISY, que permite a navegación polo contido dun libro, xestión de marcas persoalizadas e as funcionalidades habituais deste tipo de aplicacións. Permite a descarga desde a biblioteca dixital da ONCE así como desde unha aplicación de PC o desde a web directamente.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31