O mellor da radio e da TV tamén con nós
Ademáis de tódolos representantes das administracións públicas, non foron poucos os personaxes "populares" que responderon á chamada da Ilusión. Traemos aquí unha representación deles, nas figuras do máis famoso presentador e locutor de Galicia, Xosé Ramón Gayoso, máis de 35 anos no Luar. Tamén ao gran actor e humorista Xosé M. Touriñán e rematamos coa lenda da radio e maestre da animación radiofónica, o padronés Pepe Domingo Castaño.
Xosé Ramón Gayoso aproveitou o desconfinamento para achegarse á coruñesa Praza de Pontevedra e mercarlle un cupón a José, que atende nun kiosco no céntrico lugar. Gayoso dixo que unha das cousas que máis lle ilusionan, xa de volta á normalidade "con sentidiño" é poder volver a atopar aos amigos da ONCE, como no caso de José. O presentador manifestou que a ONCE forma parte da súa vida "como da vida da maioría de todos vós, desde que éramos cativos e víamos como as nosas nais e pais mercaban o cupón de cegos. Alégrame moito poder volver de novo a mercalo, a xogar esa emoción pero, fundamentalmente, alégrame participar e axudar a unha institución que leva adiante unha labor social maravillosa desde hai moitísimos anos. Así que, todo alegría ¡que viva a ONCE e por moitos anos!.
Xosé M. Touriñán, que é o actos e humarista máis querido pola ONCE de Galicia -ahí están as súas participacións anunais nos Días da ONCE-, tamén tivo palabras de saúdo e agarimo para tódolos vendedores. Amosouse moi ledo de atopar a un dos seus vendedores favoritos pola rúa e díxinos " ¿Lembrades aquél anuncio de hai anos que dicía ‘é a ilusión de tódolos días?’pois levábamos un lote de meses sen poder atoparnos, sen poder mercarlle o cupón e conversar con eles e estoy moi contento por ver nas rúas a toda a xente da ONCE que traballades para axudar a moita xente, así que agardo que o ‘bicho’ este non nos volva a meter nas casas e que podamos seguir vivindo con esa ilusión de tódolos días de ser felices e se pode tocar algo, pois mellor aínda. Unha aperta grande e un bico moi forte para todos e todas”.
Se hai un padronés coñecidopola gran maioría de españoles (co permiso de D. Camilo José Cela) ese é o gran José -Pepe- Domingo Castaño, unha lenda radiofónica, admirado e recoñecido en tódolos recunchos do país. Confinado en Madrid, onde reside, e case confinado do traballo debido á ausencia de fútbol durante a pandemia, o xornalista padronés, Premio Solidario ONCE-Galicia, quixo enviar un saúdo á todo o colectivo de vendedores da Organización en Galicia. As verbas de saúdo que nos enviou, gravadas nos estudios centrais da Cadena Cope en Madrid, foron as seguintes: ¨Hola a todos: soy Pepe Domingo Castaño, el de ‘Tiempo de Juego’, el de la ronda informativa del ‘ toca, todos los días toca, todos los días toca el cupón’ y quiero enviar un saludo muy cariñoso a los 700 vendedores del cupón en Galicia y a los 19.000 de toda España que han vuelto a repartir ilusión, que han vuelto a repartir millones y que han vuelto a repartir generosidad. Un abrazo muy fuerte, sobre para los “da miña terra’
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30