O Globo de Betanzos subíu ao cupón
O cupón do día 14 de agosto estivo adicado ao famoso Globo de Betanzos, coñecido por ser o Globo de papel máis grande do mundo, que se eleva cada 16 de agosto, á medianoite, para honrar a San Roque, patrón da cidade. O delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan, e a alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, foron os encargados de presentalo aos medios de comunicación, nun acto celebrado na sede do concello betanceiro.Tamén asistiron os concelleiros de Festas, Xuventude e Seguridad.
Manuel Martínez entregou á alcaldesa unha reproducción enmarcada do cupón e salientou a difusión en cinco millóns e medio de cupóns á venda da imaxe do Globo de Betanzos, unmha iniciativa para promocionar aínda máis a festa por todo o país”. O delegado da ONCE dixo que participar na promoción dun evento desas características supón devolverlle á sociedade parte da súa implicación no labor social que desenvolve a ONCE e que se financia grazas á venda do cupón, que é a súa “ferramenta de solidariedade”.
A tradición de lanzar o aerostato de papel non tripulado ten máis de dous séculos de historia, e está a cargo da Familia Pita dende 1875, co paréntese dos anos da Guerra Civil. En toda a súa historia sufríu algún incidente pero foui no mes de agosto de 2018 cando rompeuse por vez primeira en 54 años. Trátase dun aerostato que se realiza artesanalmente con materiais tradicionais: papel de estraza, pegado con engrudo de fariña de centeno e reforzado con cinta de algodón, e está ilustrado con viñetas humorísticas realizadas por artistas locais.
Ten unha altura máxima de 25 metros e un diámetro máximo de 16 metros, sendo a circunferencia máxima de algo máis de 50 metros. Pesa uns 150 kilos e está considerado o globo de papel máis grande do mundo. Ao espectáculo da súa elevación, que dura apenas media hora, acudiron, como tódolos anos ducias de milleiros de persoas.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31