O Cupón apoia a Feira do Capón de Vilalba
A Feira do Capón de Vilalba (Lugo) é o motivo do cupón da ONCE do sábado 21 de decembro, véspera da celebración da feira que se celebrar o domingo 22. Cinco millóns e medio de cupóns xa están á venda levando por toda España a celebración da exaltación dun dos produtos máis típicos e coñecidos da gastronomia da Terra Chá.
A ONCE apoia así o unha cita anual que ten unha tradición antiquísima. As referencias á Feira do Capón na capital chairega remóntanse case a dous séculos, pois atopáronse anotacións nos libros do Concello no ano 1835. As referencias histórico-literarias á carne do capón, pola súa banda, son moito máis antigas, e aparecen na Historia Animalium do filósofo Aristóteles, no Libro del Buen Amor do Arcipreste de Hita , no Quixote de Cervantes ou no Buscón de Quevedo. O capón chegou a ser moeda para pago de favores e aínda hoxe existen zonas onde se pagan rendas con capóns.
A Asociación de Criadores de Capón de Vilalba recoñece que este ano 2019 ten censados máis de 50 productores que crian arredor de 1.600 exemplares, ainda que só sairán á subasta unha parte deles. A carpa da Feira abrirase ao público o domingo día 22 ás 10:30 horas na Praza da Constitución e, por vez primeira, na mesma tamén haberá degustacións varias gratis, vanse cociñar diferentes pratos á vista dos asistentes e tamén vanse poder adquirir outros produtos da Terra Chá como o queixo e o mel de San Simón, o famoso Rosco de Vilalba, a xenebra rosa fabricada en Vilalba, etc.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31