O candidato socialista de Pontevedra reuníuse coa dirección do CRE

Seccións: CRE
reunioncre-psoe.jpg

De cara aos comicios municipais do próximo mes de maio,  o portavoz e outros membros do grupo municipl do PSdG-PSOE de Pontevedra realizaron unha visita ao CRE da ONCE onde mantiveron unha reunión co seu director José Ángel Abraldes. Na mesma, o candidado solicialista á Alcaldía, Tino Fernández, trasladoulle o paquete de medidas que leva o seu programa para mellorar a seguridade e a calidade de vida das persoas con discapacidade visual, e atendeu tamén ás demandas e opinións expostas pola dirección do centro.

O paquete de medidas do PSOE municipl de Pontevedra inclúe a implantación xeralizada de itinerarios podotáctiles nos proxectos de urbanización e unha regulación
axeitada do tránsito de bicicletas e patinetes nas zonas peonís,  iniciativas que foron ben recibidas polo directo r do CRE. Durante a reunión,  Abraldes subliñou que , aínda que Pontevedra ten beirarrúas ben deseñadas para persoas con mobilidade reducida, moitas das rúas de plataforma única do centro da cidade atópanse “ateigadas de obstáculos que poden resultar moi perigosos” para as persoas con discapacidade visual.

Abraldes aproveitou a xuntanza para falar das  as plataformas únicas, das que dixo que  “son en teoría espazos  peonís, pero por elas circulan moitos vehículos, bicicletas e patíns, polo que os atropelos son máis habituais do que quixeran e resulta imprescindible xerar algunhas zonas ben delimitadas que permitan pasear dun xeito seguro". Neste sentido, Tino Fernández comprometeuse a crear itinerarios podotáctiles seguros (con baldosas ‘rugosas’) e a impulsar unha axeitada regulación do tránsito rodado. “O problema é que as persoas con discapacidade visual -sinala o voceiro do PSOE- non escoitan chegar ás bicicletas, patinetes ou coches eléctricos, e son un verdadeiro perigo para eles”. Fernández incidiu na necesidade de instalar semáforos acústicos, máxime cando existen tecnoloxías que permiten que a alarma non estea soando durante todo o día e cause molestia aos veciños (mandos a distancia con sinais de aviso que poden levar consigo as persoas con discapacidade visual, por exemplo). O candidato do PSOE á Alcaldía tamén amosou a súa disposición a mellorar o diálogo co experto en asuntos de mobilidade e accesibilidade da Once, de cara a contar coa súa opinión “en proxectos de urbanización como o que se levará a cabo en Tafisa”.
 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos