O 15 de xuño arrincan os sorteos cos vendedores a pé de rúa
O vindeiro luns 15 de xuño arrincan os sorteos dos tradicionais cupóns cos vendedores a pé de rúa, e desde o pasado día 25 de maio hai sorteos do “Super Once” e do Triplex”, que se poden mercar nestes días na web e tamén en establecementos autorizados. Nesa data máxica, 15 de xuño, tamén abren os centros da ONCE e á vez os vendedores se incorporarán aos seus postos de traballo para “repartir ilusión” nas rúas e mostrar que a normalidade volve a todos os recunchos da nosa xeografía.
A decisión adoptouse dacordo coa normativa vixente do proceso de desescalada fixado polas autoridades e, especialmente, toda vez vez garantidas as medidas de seguridade para todos os vendedores da Organización e os seus clientes mediante a debida información e a posta a disposición do material necesario, mesmo tamén para o resto de traballadores.
A ONCE pon en marcha así o plan de reactivación das súas actividades comerciais e operativas, para recuperar a normalidade que representa a volta dos seus vendedores as rúas de pobos, vilas e cidades , como ven sendo habitual desde hai xa 81 anos, coa única interrupción da pandemia da Covid 19.
O día 15 de xuño, os vendedores xa contarán coa súa carteira de produtos. Ese mesmo luns, ademáis do cupón diario e demáis xogos da ONCE, os vendedores poderán ofrecer tamén aos clientes o Cuponazo do venres e o “Sueldazo” da Fin de Semana.
De feito, os produtos coñecidos como lotarías instantáneas (osos tradicionais rascas), a lotaría europea “Eurojackpot”, o “Super ONCE” e o “Triplex” xa están á venda desde o 25 de maio nos establecementos autorizados que forman o Canal Físico Complementario, especialmente gasoliñeriras, oficinas de Correos, estancos e tendas de conveniencia, así como na web www.juegosonce.es.
Tamén o día 15 de xuño estará habilitados todos os procesos tecnolóxicos que permiten a celebración dos sorteos e, moi especialmente, a tecnoloxía que da soporte á venda por TPV (Terminal Punto de Venda), o único dispositivo absolutamente accesible para todas as persoas con discapacidade e que permite o pago con tarxeta, moi aconsellable nesta situación de pandemia.
Ademáis de volver a celebración dos sorteos dos productos periódicos do cupón: Diario, Cuponazo e Fin de Semana, haberá outros especiais: o Sorteo Extraordinario do Día do Pai (retrasado pola crise sanitaria) terá lugar o domingo 21 de xuño; o mércores 24 de xuño haberá un sorteo especial do Día de San Xoán, e o 15 de agosto terá lugar o Sorteo Extra de Verán da ONCE. De todos eles iremos informando polo miudo nos días previos.
En función deste calendario para a recuperación da actividade coa máxima normalidade posible, a ONCE traballa nunha campaña de información para os seus sus vendedores, así como na dotación de elementos de hixiene e protección suficientes para recuperar a venda con seguridade para vendedores e clientes. Os vendedores contarán con luvas, guantes, máscaras, pantallas protectoras, solución hidroalcohólica, e canta dotación máis sexa precisa.
Ao mesmo tempo, se estuda a ubicación dos vendedores en función da nova situación xenerada nos quioscos, na vía pública, en áreas de transporte como aeroportos e estacións ferroviarias ou de autobuses, en centros comerciais, en áreas sanitarias ou en calquera outra localización, sempre para cumprir a normativa vixente e garantizar a seguridade. E arrincatamén a limpeza de todas as oficinas e instalacións, así como o acondicionamento dos quioscos ubicados no espazo público e /ou noutros lugares de venda.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31