Muxía mudou a Romaría polo Cupón

Seccións: Xogo
muxia._oceano.virxe_da_barca.jpg

A contorna do incomparable emprazamento muxián do Santuario da Virxe da Barca acolleu os primeiros días de setembro a  presentación oficial dun cupón adicado  ao lugar, que  axudou a paliar a desazón causada pola  suspensión dos eventos relacionados coa Romaría da Virxe da Barca a consecuencia da pandemia da COVID-19.

O delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan, entregou unha réplica enmarcada  do orixinal do cupón ao  alcalde  de Muxía, Iago Toba,  e declarou sentirse “orgulloso de desde unha organización tan singular para a economía e a sociedade  como é a ONCE   levar un lugar tan singular da xeografía e a cultura popular galegas como imaxe do cupón",  así como tamén de "contribuir a mitigar, no que poidamos, a  ausencia nesta ocasión da tradicional romaría a causa da  pandemia”.

 

Na imaxe poemos ver de costas ao delegado da ONCE, Manuel Martínez, dirixíndosea ao público convidado á presentación do cupón

 

O alcalde de Muxía, Iago Toba Campaña, agradeeu á ONCE a iniciativa e  dixo que o feito de  o Santuario aparecese no cupón do  8 sde setembro converterase “nunha lembranza de por vida para todas as persoas que o adquiriran”. O rexedor muxián,  en agradecemento á ONCE pola iniciativa, entregoulle ao delegado territorial unha pequena escultura réplica do santuario. O rexidor subliñou que "o orgullo e sentemento que lle produce a un muxián ter entre as súas mans o tan familiar cupón da ONCE  e ver nel un dos seus tesouros, é indescriptible"

 

Imaxe dos protagonistas do acto tralo intercambio de agasallos entre o delegado da ONCE e o alcalde de Muxía

 

Ao acto tamén acudiron o primeiro tenente de alcalde muxián, Javier Romar e a segunda Tenente de Alcalde, Olalla Benlloch, así como o director da Axencia ONCE de Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro e un  nutrido grupo de invitados, entre os que se atopaba o capelán do Santuario da Virxe da Barca,  que ocuparon os asentos dispostos á beira do oceano. 

Pola súa banda, Manuel Martínez, delegado da ONCE en Santiago de Compostela, destacou que ‘estamos encantados desde esta organización tan singular para a economía do noso país levar un punto tamén moi singular desta xeografía galega’, anotou Martínez.

 

Fotografía que permite ver un momento do acto de presentación do cupón e toda a fachada vertical do Santuario da Barca

 

 

Publicador de contidos

Calendario

Outubro

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos