Máis de 500 alumnos na Semana de Portas Abertas
O Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, de Pontevedra, organizou unha Semana de Portas Abertas, do 12 ao 16 de marzo, durante a que recibíu a visita de máis de 500 alumnos e profesores de centros educativos públicos, privados e concertados. A gran acollida por parte da comunidade educativa obrigou ao centro a realizar turnos de mañá e tarde para poder atender a demanda. Foi visitado por alumnos e profesores de ensino Primario, ESO e Formación Profesional. Con esta Semana de Portas Abertas o CRE continuou as actividades vinculadas ao seu 75 aniversario.
Alumnos e profesores foron atendidos pola dirección e polo persoal técnico especializado e participaron e experimentaron en talleres dunha duración de 30 minutos cada un que lles permitiron, entre outras cousas, achegarse ao material didáctico e tecnolóxico. Coñeceron materiais e equipos representativos da aula de tiflotecnoloxía (ordenadores, escáneres, lectores de documentos, programas de última xeración), material didáctico e maquetas do museo e comprobaron o funcionamento e utilidade de todo o material amosado.
Se les ensinou o proceso de producción de material didáctico específico para alumnos con cegueira e discapacidade visual (mapas en relevo, adaptación de libros, reproducción de láminas, etc), se lles deron nocións básicas do código de lecto-escritura braille, e se lles mostrou a unidad de producción braille, o lugar onde se transcriben os libros en tinta a braille. Tamén poideron participar nun taller braille escribindo en 15 máquinas Perkins. Para finalizar, tamén tiveron un taller de técnica guía, onde se lles ensinaron pautas de orientación y e mobilidade ademáis de habilidades da vida diaria, para o que utilizaro antefaces e gafas de simulación.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31