Interese polo futuro dos nosos xoves
Estudiantes e as súas familias participaron na sétima Xornada de Orientación Educativa e Profesional do ámbito do CRE de Pontevedra, organizada polo centro e as delegacións territoriais de Galicia e Asturias, e que nesta edición celebrouse online a través da plataforma Zoom, e dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e primeiro curso de Universidade.
Interviñeron responsables e técnicos das delegacións territorias de Galicia e Asturias e do CRE, ademáis da directora da Escola Universitaria de Fisioterapia que ONCE ten na Universidade Autónoma de Madrid, que aportaron información institucional e dos servicios que ofrece a ONCE durante o proceso educativo e ao inicio do proceso laboral.
Os contidos estiveron encamiñados a orientar cómo elixir o futuro, os diferentes itinerarios formativos e profesionais e as implicacións da nova Lei de Educación. Ademáis, relatarion as súas experiencias educativas as xoves afiliadas María Astray, que estuda para ser mestra; Iris Estévez, quere ser traballadora social; a campiona deportiva Adiaratou Iglesias, que vai a estudar Fisioterapia e o xove Alejandro Losada, que está estudando Xestión Administrativa.
Outros afiliados que xa están inmersos no ámbito laboral falaron das súas experiencias profesionais: Cristian Giráldez, como técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web; Nuria Yanguas, do seu traballo como sicóloga da ONCE, Ana Varela, que é axente vendedora e Isabel Álvarez, músico profesional.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30