Formación e diversión

Seccións: CRE
cre.conselleirafotogrupo.jpg

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional -CEUFP- da Xunta de Galicia, Carmen Pomar Tojo , achegouse o día 16 de xullo ao CRE da ONCE en Pontevedra, onde se están a desenvolver unha serie de cursos intensivos en inglés nos que participan mozas e mozas con  cegueira ou discapacidade visual severa procedentes de todo o territorio nacional e tamén do estranxeiro (principalmente dos países do sur da UE).

Pomar percorreu as instalacións do centro acompañada polo  director, José Ángel Abraldes,  e coñeceu de cerca os proxectos que teñen en marcha. Durante a visita quixo agradecer o traballo “pioneiro” que está a realizar a Organización Nacional de Ciegos de España a prol da integración do alumnado con discapacidade audiovisual, tanto no eido educativo como na súa vida cotiá.

“A educación é froito do esforzo coordinado dos centros e a administración educativa, da familia e da sociedade. E tamén de institucións como a ONCE que creron, hai xa moitos anos, que ter unha discapacidade non era un impedimento para facer realidade as ilusións de cada persoa”, dixo a conselleira, quen destacou que ese espírito no que esta organización foi pioneira é unha guía para a Consellería que dirixe.

“Conseguir a formación integral de todo o alumnado, aproveitando todas as súas capacidades intelectuais, sociais, emocionais e éticas” é o reto que se marca a conselleira xa que “só desta maneira, cunha formación integral que faga compatible o progreso intelectual coas actitudes responsables cara á diversidade, seremos capaces de fomentar tamén os valores persoais que favorezan a xustiza social e o respecto aos demais”, abondou.

Durante o percorrido a conselleira interesouse polo funcionamento dos ordenadores adaptados, e foi unha alumna, Lucía Álvarez Martínez, explicoulle cómo poden traballar con normalidade nun PC grazas ás adaptación tecnolóxicas que a ONCE pon a disposición dos seus afiliados. Tamén na sala de Mobilidade quixo experimentar a sensación da cegueiro e realizou un traxecto con antifaz nos ollos e con un bastón blanco.

 

A conselleira atende ás explicacións de Lucía Álvarez sobre o funcionamento dun equipo informático adaptado para persoas cegas

Carmen Pomar tamén saludou un a un aos 20 participantes do curso de Inglés, aos seus profesores e monitores e departiu con eles sobre as experiencias que están a vivir. A conselleira, que nesa datra celebraba a súa onomástica, recibiu un agasallo por parte dos alumnos que quixeron agradecer así o xesto de compartir con eles un día tan especial.

Acordos de colaboración en materia de profesorado e recursos tecnolóxicos
Cómpre lembrar que, no marco da colaboración con entidades especializadas para a mellora na atención á diversidade, desde hai seis anos a Consellería de Educación mantén acordos coa ONCE para prestar atención especializada a unhas 400 alumnas e alumnos con discapacidade visual en centros educativos de toda Galicia.

 

Na imaxe vese a Carmen Pomar saudando aos alumnos do curso de inglés


Ao abeiro deste acordo que se renova anualmente, profesorado do corpo de mestres desenvolven as súas tarefas profesionais nos equipos específicos da ONCE, prestando apoio ao alumnado cego ou con discapacidade visual, tanto en educación primaria, 1º e 2º da ESO, como en centros e unidades de educación especial. Ademais do ámbito docente, tamén se facilita que o alumnado con discapacidade visual escolarizado en centros ordinarios teña acceso aos recursos tecnolóxicos e a transcrición e gravación a braille dos libros de textos e dos materiais curriculares.

Con anterioridade a este grupo C, o CRE acolleu a outro grupo de estudiantes dos cursos de verano , que realizaron numerosas actividades lúdicas e culturais. Practicaron surf na praia de A Lanzada, visitaron a Illa San Simón durante a celebración dun curso de música para xoves, e moitas máis das que queda constancia nas imaxes que podemos ver de seguido.

 

Imaxe da visita a Combarro

 

Fotografía de grupo a piques de practicar sur na praia de A Lanzada

 

Imaxe xeral da visita á Illa San Simón

 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos