Exposición "Fotografía a cegas" en colaboración coa ONCE

Seccións: Actividades
diversiarte_mominaugural.jpg

A Fundación Luis Seoane de A Coruña acolleu no mes de abril unha exposición fotográfica da Plataforma DiversidArte, en colaboración coa ONCE. A mostra, titulada "Fotografía a cegas" é un proxecto da Rede Museística Provincial de Lugo - en adiante RMP-, pertencente á Deputación. A inauguración da mostra foi acompañada dun debate sobre "Diversidade funcional: Outras maneiras de mirar o Arte". A Plataforma DiversidArte é un soporte de producción e difusión do Arte inclusivo, realizado por persoas con diferentes discapacidades.

A RMP de Lugo desenvolveu este proxecto expositivo arredor da busca de adaptar plenamente un posto de traballo a unha guía cega que se incorporou ao equipo da RMP. Un proceso que vai centrar o foco de atención no outro lado: a eliminación das barreiras que pon o persoal discapacitado. Partindo diso, construíron un proxecto co obxectivo claro de achegar e descubrir as coleccións dos catro museos da RMP de Lugo a través da fotografía, como unha actividade en equipo: as persoas cegas, o persoal do Museo e os fotógrafos, coa intención de que se entenda que a fotografía nace na cabeza, a vista percibe a imaxe, pero é o cerebro quen a crea.

O público encheu a sala da Luis Seoane o día da inauguración

Según dí Ánxeles Miguélez, da RMP de Lugo" trátase dunha gran aventura de superación para todos os que intervimos nela, de eliminación de barreiras mentais derivadas dunha prevalencia da cultura visual na nosa sociedade que fai que nós mesmos nos limitemos á hora de facer cousas porque, no noso caso, non somos capaces de ver o resultado. Todos os que participamos obtivemos do proxecto moitas experiencias positivas. Descubrimos que poder é querer e que non hi nada imposible senon retos complexos".

Vista xeral da exposición durante o acto inaugural

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos