Esgrima adaptada en A Coruña
Nas instalacións deportivas municipais da Casa da Auga de A Coruña tivo lugar unha exhibición de Esgrima Adaptada para persoas con discapacidade visual a cargo dos técnicos do Club Esgrima Coruña.
O obxectivo era iniciar e potenciar a práctica da esgrima entre persoas con visibilidade reducida ou cegueira total. De feito, durante este mes de febreiro vaise desenvolver un "Curso de Iniciación á Esgrima Adaptada".
Os afiliados asistentes tiveron a oportunidade de coñecer os aspectos básicos deste deporte como son a súa vestimenta, as armas de combate, medidas de seguridade, e as regras do xogo. Fixeron pequenos combates para pór en práctica algúns movemento (estar en garda, marchar, romper,…) co alumnado do clube presentes na sala. A esgrima deportiva é un deporte de entretenemento e competicióne no que se enfrontan dous contrincantes debidamente protexidos que deben intentar tocarse cun arma branca, das que hai tres modalidades: sable, espada e frorete.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31