Directores Xerais da Xunta visitan a FOPG, o Consello Xeral e a sede de ILUNION
O presidente do Consello Territorial de ONCE-GAlicia, Carlos Fernández Lamigueiro, exerceu de anfitrión dunha representación da Consellería de Política Social que visitou algunhas das instalacións do Grupo Social ONCE en Madrid. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, mantiveron un breve encontro co presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda, na sede do Consello Xeral na rúa Ortega e Gasset. Tamén visitaron as instalación de Torre Ilunion na rúa Albacete, onde lles explicaron varias das líneas de traballo que se desenvolven no campo das novas tecnoloxías da comunicación e, por último, realizaron unha visita ás instalacións da Fundación ONCE do can guía sitas en Boadilla del Monte.
Ambos directores xerais realizaron un percorrido polo centro de cría e adestramento ubicado en Madrid no que coñeceron de primeira man as actividades que alí se realizan. Estas instalacións albergan os cans, as dependencias administrativas e unha residencia para acoller aos solicitantes de can guía durante o curso de formación.
Parrado e García destacaron o importante labor que realiza a Fundación en prol da autonomía persoal das persoas con deficiencia visual, así como o da ONCE na consecución da integración e da igualdade de oportunidades para este colectivo.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31