Contra a discriminación das mulleres con discapacidade
A Comisión da Muller do CERMI Galicia e a Xunta de Galicia colaborarán de xeito "fluido" de "constante"para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade, según acordaron durante unha xuntanza virtual mantida entre ambas instituciones nos últimos días de xaneiro.
Na xuntanza interviron as mulleres que forman parte da Comisión da Muller do Cermi, que no caso da ONCE está representada por María Dolores Venancio, e a Secretaria Xeral de Igualdade do do Execitivo Autonómico. Todas coincidiron na necesidade de colaborar entre ambas instituciones para paliar a lacra da discriminación, pois según afirmaron as representantes do CERMI “a discriminación que sofren as mulleres polo feito de ser mulleres vese agravada no caso das que sofren discapacidade e aínda máis cando se atopan no ámbito rural".
Durante a xuntanza tamén se informou sobre o traballo que está ralizando a Comisión da Muller para organizar unha xornada conmemorativa o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que terá lugar o 4 dese mes e contará coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia que manifestou o seu apoioao encontro.
Pola súa banda, Susana Fernández Abella propuxo establecer un diálogo constante para “apoiar e despexar tódalas dúbidas" sobre as diferentes problemáticas que poidan ter as asociacións integradas no CERRMI Galicia desde a perspectiva de xénero ademái de plantexar a posibilidade de realizar un encontro periódico entre ambas institucións. Tamén se acordou propoñer a incorporación do colectivo de mulleres do CERMI Galicia ao Observatorio Autonómico de Violencia de Xénero e a outros órganos colexiados e participativos.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31