Contra a discriminación das mulleres con discapacidade

cermi_secreteria_xeral_de_igualdade._susana_lopez_abella.png

A Comisión da Muller do CERMI Galicia e a Xunta de Galicia colaborarán  de xeito "fluido" de "constante"para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade, según acordaron durante unha xuntanza virtual mantida entre ambas instituciones nos últimos días de xaneiro.

Na xuntanza interviron as mulleres que forman parte da Comisión da Muller do Cermi, que no caso da ONCE está representada por María Dolores Venancio, e a Secretaria Xeral de Igualdade do do Execitivo Autonómico. Todas coincidiron na necesidade de colaborar entre ambas instituciones para paliar a lacra da discriminación, pois según afirmaron as representantes do CERMI “a discriminación que sofren as mulleres polo feito de ser mulleres vese agravada no caso das que sofren discapacidade e aínda máis cando se atopan no ámbito rural".

Durante a xuntanza tamén se informou sobre o traballo que está ralizando a  Comisión da Muller para organizar unha xornada conmemorativa o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que terá lugar o 4 dese mes e contará coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia que manifestou o seu apoioao encontro.

Pola súa banda, Susana Fernández Abella propuxo establecer un  diálogo constante para “apoiar e despexar tódalas dúbidas" sobre as diferentes  problemáticas que poidan ter as  asociacións integradas no  CERRMI Galicia desde a perspectiva de xénero ademái  de plantexar a posibilidade de realizar un encontro periódico entre ambas institucións. Tamén se acordou propoñer a incorporación do colectivo de mulleres do CERMI Galicia ao Observatorio Autonómico de Violencia de Xénero e a outros órganos colexiados e participativos.

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos