Colaboración ONCE-Parlamento de Galicia

Seccións: De Interese
parlamentohorizmesa.jpg

A ONCE colaborará co Parlamento de Galicia en materia de formación e accesibilidade das persoas con discapacidade visual.  O presidente do Parlamento de Galicia e o  delegado territorial da ONCE asinaron un protocolo de colaboración para canalizar o apoio do Lexislativo galego ás persoas con discapacidade visual.  As medidas abranguen desde o apoio á inserción e a adaptación do contorno laboral para persoas con discapacidade visual no Parlamento ata a adaptación de materiais e a formación da persoal  encargado do programa de visitas guiadas á institución ou a elaboración dun manual de boas prácticas.

 O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o delegado territorial de Galicia da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), Manuel Martínez Pan, asinaron o 14 de xullo pasado un protocolo de colaboración para a realización de actividades de asesoramento na promoción da accesibilidade universal e no apoio á inserción laboral de persoas con discapacidade visual no ámbito do lexislativo autonómico.

 

Na imaxe vese o momento da sinatura do acordo

 

No marco deste protocolo, o Parlamento de Galicia intensificará a súa aposta pola integración das persoas con discapacidade visual a través dunha dobre estratexia. Por unha banda, a ONCE colaborará co Parlamento para facilitar a adaptación e o desenvolvemento das funcións dos postos de traballo que podan ser desempeñados por persoas con discapacidade visual no ámbito da Administración parlamentaria, ben como persoal funcionario de carreira ou laboral fixo e interino ou laboral de carácter temporal, ben como persoal en prácticas e/ou formación.

A colaboración entre a ONCE e o Parlamento de Galicia tamén abrangue o desenvolvemento de medidas orientadas a facilitar a accesibilidade universal na sede da Cámara galega, con intervencións específicas  no ámbito dos programas de visitas guiadas e actos sociais que se celebren no Pazo do Hórreo, a mellora da accesibilidade física neste edificio e a súa contorna, a adaptación das guías didácticas e outros recursos divulgativos, ou a formación do persoal encargado para axeitar as actividades que se desenvolvan ás necesidades das persoas con discapacidade visual.

 

Na imaxe apreciase ao presidente do Parlamento e ao delegado territorial  dándose o "saúdo Covid"  cos cóbados

 

Entre outras medidas, tamén se contempla a elaboración dun guión/manual de boas prácticas na interacción coas persoas con discapacidade visual, que inclúa pautas específicas que garantan a súa participación en igualdade de condicións respecto ao conxunto da cidadanía.

 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos