CERMI Galicia reúnese con En Marea
O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) celebrou o mes de xullo, no Parlamento autonómico, un acto co grupo político En Marea, co fin de repasar as principais demandas das persoas con discapacidade e s súa familias en Galicia. No acto estiveron presentes, entre outros, o presidente do ERMI-Galicia, Iker Sertucha, e o vicepresidente da entidade, Carlos Fernández Lamigueiro.
Por parte de En Marea falaron a deputada Paula Vázquez, responsable de Política Social do grupo político e o máximo responsable desta forza, Luis Villares. Tanto Vázquez como Villares puxeron en valor o traballo que realiza a plataforma representativa da discapacidade en Galicia.
Entre as conclusiones da xornada, destaca a necesidade de poñer en marcha a lei aprobada polo Parlamento de Galicia que regula o ‘concerto social’, co fin de fomentar que as organizacións sociais sen ánimo de lucro podan prestar servizos sociais, dao que son quen máis e mellor coñecen as necesidades de grupos sociais como o das persoas con discapacidade.
Do mesmo xeio, acordouse instar a desenvolver a nova lei de accesibilidade na Comunidade Autónoma, co obxectivo de avanzar na igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade. Par rematar, o grupo En Marea fixo súa a reclamación do Cermi Galicia relativa á creación dunha Comisión permanente sobre discapacidade no Parlamento galego.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30