Cermi-Galicia abordou as súas demandas nunha xuntanza co Grupo parlamentario do BNG

comision_parlamento.jpg

O  Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) celebrou no Parlamento autonómico un acto con grupo parlamentario do BNG, co fin de abordar as principais demandas das persoas con discapacidad e e as súas familias en Galicia.
O acto, celebrado no Parlamento contou coa participación da totalidade dos representantes o grupo parlamentario do BNG de das entidades que conforman o Cermi autonómico, á fronte dos cales estiveron o presidente, Iker Serucha e o secretario xeral, Carlos Fernández Lamigueiro. A portavoz do BNG, Ana Pontón, puxo en valor o traballo de CERMI Galicia e as súas entidades a prol das persoas con discapacidade e as súas familias.
Entre as conclusións da xornada cabe salientar a necesidade de desenvolver a nova Lei sobre accesibilidade na Comunidade Autónoma, co obxectivo de avanzar na igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade.
O Bloque Nacionalista Galego considera que, con boa vontade pódese crear a  tan demandada Comisión permanente da  Discapacidade na Cámara galega por parte de CERMI Galicia.
Do mesmo xeito, instouse a poñer en marcha a lei aprobada polo Parlamento de Galicia hai máis dun ano, que regula o ‘concerto social’, co fin de fomentar que as organizacións sociais sen ánimo de lucro poidan optar con maiores garantías a prestar servizos sociais, dado que son quen máis e mellor coñecen as necesidades de grupos sociais como o das persoas con discapacidade. Ademáis, cada entidade do Cermi reclamou, nunha intervención individual, as demandas máis urxentes do colectivo ao que representan. 

RRSS_Compartir

Compartir :

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos