Cea a cegas no CIFP de Lamas de Abade

O CIFP de Hostelería de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, celebrou o pasado 13 de marzo unha Cea a Cegas, que foi servida a unhas 60 persoas, entre as que se encontraban o conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González; o delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan, e o o director xeral de Inclusión da Xunta, Arturo Parrado Puente.
Os alumnos e profesores do centro de Formación Profesional compostelán recibiron, previamente, formación sobre acompañamento e guía de persoas cegas por parte de persoal técnico especializado da Delegación Territorial da ONCE . Así, logo da chegada ao centro, se lles ofreceron antefaces a todas as persoas videntes e os alumnos as acompañaron ás mesas. Na cea participaron tamén 13 afiliados da ONCE de Santiago e director da axencia, José Antonio Riveiro Canosa.
As personas videntes amosáronse moi sorprendidas durante a experiencia de poñerse na pel dnha persoa cega. Ademáis da desorientación espacial que acompaña á falta de visión, tiveron moita dificultade para recoñecer os alimentos sólo polo olfato e o sabor e, en definitiva, a complexidad eque rodea a realización dun acto aparentemente tan sinxelo como comer, cando non se ten visión. Pola súa banda, a dirección e alumnos do centro agradecieron ONCE a inclusión desta formación de guía, acompañamento e servicio no seu currículo, dado que lles será de grande utilidade no exercicio profesional.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31