Catro xoves galegas comezaron a formación de Radia
Catro xoves mulleres galegas con discapacidade reciben desde o 22 de setembro formación para acceder a postos tecnolóxicos grazas ao Programa Radia, unha iniciativa impulsada pola Fundación ONCE, a Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas e a Fundación CEE, cuio obxectivo é favorecer a inclusión de persoas con discapacidade en entornos de traballo dixital.
As catro galegas que emprenderon a formación son Alba Fernández Díaz. Educadora social por la Universidad de Vigo en Ourense; Ana Tomé, xornalista e formadora; Cristela Torres., graduada en comunicación audiovisual con máster en comunicación e xornalismo e Patricia Vicente Villa. Física e Perito Xudicial en Accesibilidade.
Trátase de ofrecérlleles oportunidades de emprego a todas elas, ás mulleres con discapacidade que forman parte do grupo que menos opcións ten de dessenvolvemento profesional nos ámbitos tecnolóxicos. A formación rematará en xuño de 2021 e divídese en en tres fases que combinan formación presencial e virtual, sobre os asuntos máis candentes da transformación dixital, como intelixencia artificial, fintech, esport, ecommerce, ciberseguridade, biotecnoloxía, blockchain ou Green teach. Ademáis, contará coa tutela e formación inspiradora con mentoras de diferentes empresas e prácticas en empresas tecnolóxicas.
PROGRAMA RADIA
A historia de Radia Perlman inspirou o nome do programa RADIA WOMEN’S DIGITAL INCLUSION. Radia é a creadora dun dos protocolos de comunicación máis utilizados no mundo que fai que as redes funcionen correctamente, sexan estables, robustas e seguras.
Na actualidade, só un de cada seis especialistas TIC incorporados ao mercado laboral é unha muller. A este dato engádese ademáis a circunstancia dla discapacidade, que dificulta inclusión das mulleres con discapacidade no ámbito da educación superior e o emprego. Por iso, o propósito do programa é ofrecer formación e emprego que inclua a máis mulleres con discapacidade no sector dixital, recoñecendo tanto o valor das súas achegas, como o seu talento, esencial para construir unha sociedade dixital inclusiva, competitiva e dinámica. RADIA establece unha serie de pasos encamiñados a aumentar o número de universitarias con discapacidade sentadas en postos de traballo basados no uso de tecnoloxía dixital.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30