BRAITICO é o innovador método de alfabetización desenvolvido pola ONCE

Seccións: Actividades
braitico_1.jpg

A ONCE vai  introducir en tódalas aulas de Galicia onde haxa escolarizado algún alumno con discapacidade visual, ao longo do presente curso escolar, o método ‘Braitico’, co que miles de nienos e nenas poderán descubrir o braille dun xeito divertido, preto e sinxelo.
A nova didáctica ‘Braitico’ favorecerá que os escolares cegos que aprendan a ler e a escribir en braille o fagan da mesma maneira dentro e fora da aula, fomentando ademais que o resto dos seus compañeiros se interesen, coñezan e familiaricen con este código.
Para dar a coñecer o funcionamento de ‘Braitico’, a Delegación Territorial da ONCE en Galicia realizou un taller práctico cunha demostración a cargo de Manuela Souto Suárez, unha afiliada coruñesa de nove anos de idade que cursa 4º de Primaria nun colexio herculino. Manuela estivo acompañada polo delegado territorial, Manuel Martínez e apoiada polas profesoras da ONCE, Covadonga de la Fuente e Rosa Pérez.

Manuela posa acompañada polo delegado territorial e as profesoras


‘Braitico’ convértese no primeir método oficial e inclusivo para aprender braille, que vai máis alá da simple aprendizaxe dun código de lectoescritura, pues comeza cando o neno nace e continúa durante toda a súa escolarización, sempre cunha base didáctica e neurolóxica basada nas últimas innovacións educativas.
Promovido pola Comisión Braille Española (CBE), ‘Braitico’ é froito do traballo realizado por un importante número de profesores e educadores da ONCE de toda España. O obxectivo é  convertelo nunha ferramenta fundamental para máis de 400 docentes de todo eo país que teñen a alumnos cegos nas súas aulas a que ata agora non contaban cun método apropiado para desenvolver un programa de alfabetización tan necesario para conseguir un grao idóneo de inclusión na aula. En Galicia, a ONCE presta atención a 356 escolares, dos que 142 están en primaria e educación infantil.


TIC ao servizo da aprendizaxe braille

Nado da idea de que a aprendizaxe braille á unha completa alfabetización e de que as TIC deben formar parte dese proceso, ‘Braitico’ se divide en catro módulos diferenciados pola idade, desde o nacemento ata o final da Educación Primaria (de 0 a 12 años aproximadamente).

O primeiro módulo de Braitico chámae ‘Manitas’ e está dirixido á alfabetización e habilidades previas ao braille (0 a 2 anos). Trátase de  despertar o desexo polo  mundo y proporcionar experiencias, exercitando o desenvolvemento sensorial, o esquema corporal e a  lateralidade, a coordinación psicomotora, a percepción sensorial, os conceptos básicos,o desenvolvemento da percepción háptica (ao tacto) e a motivación cara á lectura. Conta cun software para o mestre no que pósese seguir  toda a secuencia ye os obxectivos e actividades para esta etapa e un banco de recursos, consistente nas cancións e retahílas que se utilizan nas diferentes actividades.

A pequena Manuela ensínanos como lé os contos


O módulo 2, ‘A punto’, contempla a prelectura e preescritura braille (de 2 a 4/5 anos). Busca iniciar unha aprendizaxe intencional, pasar do tridimensional ao plano e comprender a estrutura do signo xerador e, por tanto, do braille. Divídese en cinco competencias: linguaxe oral, competencia motriz e manipulativa, competencia cognitiva, técnica prelectora e técnica preescritora, cada unha delas relacionada cun tema vinculado aos nenos de Educación Infantil (a granxa-escola, o cumpreanos. o parque, o colexio ou a banda de música).
Co módulo 3, ‘Brailleo’, apréndese a ler e excribir en braille (de 4/5 a 7/8 anos), o que constitue no ensino da lectoescritura como tal para que o manexo de código permita manter o seu nivel educativo. Trabállase a secuencia de letras máis acorde coas    necesidades do  alumno cego.
Por último, o módulo 4, ‘Superbraille 4.0.’, (de 7/8 a 12/13 anos) pretende afianzar o braille para o seu uso con velocidade, eficacia, utilidade e pracer. Está distribuido en cinco competencias: precisión, técnica lectoescritora, organización e técnicas de estudo, comprensión e velocidade.  Trabállase fundamentalmente desde o ordenador e con libros e papel.
No momento actual a ONCE atende en toda España 7.500 alumnos cegos ou con discapacidade visual grave a través dun sistema integral de apoio, que contempla ao alumnado, os centros escolares e as familias, co obxetivo de quea súa incorporación se faga en igualdade de condiciones.
 

Publicador de contidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. X
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos do mes
Non hai eventos para este mes

Subscrición

Subscrición

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Informámosche de que os datos de carácter persoal que nos proporciones ao encher o presente formulario serán tratados por Política privacidade

Publicador de contidos